55岁属什么| 可字属于五行属什么| 托帕石是什么| 1120是什么星座| 百香果是什么季节的水果| 山水不相逢什么意思| 手术后为什么要平躺6小时| 梦见挖坟墓预示什么| 鸡眼用什么药好| 乌鸡放什么炖补气补血| 叶酸有什么作用和功效| 无什么无什么的成语| 癸水是什么水| 体重突然下降是什么原因| 同化是什么意思| 尿路感染吃什么药| 下加一笔是什么字| 大口什么字| 吃什么可以软化血管| 十月30号是什么星座| m什么意思| 一什么傍晚| 雷猴是什么意思| 吃什么可以散结节| 冰箱不制冷是什么原因| 10.17是什么星座| 喝什么茶可以降尿酸| 蓝莓对身体有什么好处| 雌激素分泌过多是什么原因引起的| 拔得头筹是什么意思| 红丝带的含义是什么| 明哲保身是什么生肖| 莘字五行属什么| 7月8号是什么日子| 绀是什么意思| 明前茶什么意思| 臭虫怕什么东西| 有什么书| 做梦梦见死去的亲人是什么意思| 什么样的电动牙刷好| 面部脂溢性皮炎用什么药| 有头皮屑用什么洗发水| 虎头蛇尾是什么意思| 肚子胀屁多是什么原因| 喝什么最解渴| 醋泡脚有什么好处和坏处| 喉咙有白点是什么原因| 反映是什么意思| 26岁属什么的生肖| 下身有异味用什么药| 试商是什么意思| 正科级是什么级别| 8月1号是什么星座| 阿普唑仑是什么药| 紫藤花什么时候开花| 一个山一个脊念什么| ig什么意思| 腹腔淋巴结肿大是什么原因| 肛门瘙痒是什么病| 专车是什么意思| 枕头什么牌子好| 小众是什么意思| 拍大腿内侧有什么好处| 身体铅超标有什么危害| 补血吃什么药最快最好| 什么是植物神经紊乱| 晚餐吃什么健康又营养| 花钱是什么意思| 什么星座最疼射手座| 白带黄什么原因| 副县长是什么级别干部| 换手率什么意思| 姓什么的人最多| 河豚为什么有毒| 为什么润月| 耳鸣什么原因引起| 来月经为什么会肚子痛| 梦见打死狗有什么预兆| 含漱是什么意思| 7月1日是什么节| 来大姨妈喝酒有什么影响| 沼气是什么| ip指的是什么| pg在医学是什么意思| 肛瘘是什么症状| 海马吃什么| 糖代谢增高是什么意思| 大逆不道什么意思| 过期橄榄油有什么用途| 什么不什么什么| 轻生什么意思| 为什么会得脑血栓| 老人越来越瘦是什么原因| 把脉左右手代表什么| 梦到别人怀孕是什么意思| 派特ct主要检查什么| 女性吃金蝉有什么好处| 支架后吃什么药| 鸭吃什么食物| 多动症去医院挂什么科室| 唯小人与女子难养也什么意思| 总胆汁酸高吃什么药| 聂的拼音是什么| 马杀鸡是什么意思| 每天都做梦是什么原因| 属兔的守护神是什么菩萨| 血糖高喝什么稀饭好| 四季豆为什么叫四季豆| 孕检都检查什么项目| 女人背心正中间疼是什么原因| 肝内胆管结石有什么症状表现| no2是什么| 锦纹是什么中药| h7n9是什么病毒| 总做噩梦是什么原因| 气罐和火罐有什么区别| 逸五行属什么| 虾腹部的黑线是什么| 沙雕是什么意思| 1月11日什么星座| 脂溢性皮炎头皮用什么洗发水| 蛋白粉有什么用| 多囊不能吃什么食物| 倾诉是什么意思| 打升白针有什么副作用| 肝内低回声区是什么意思| 掉头发吃什么药| 肺部结节是什么引起的| 入盆是什么意思| 溃疡性结肠炎吃什么药| 嗔恨是什么意思| 眼袋大用什么方法消除| 囊肿里面是什么东西| 壁虎吃什么| 目赤什么意思| 两票制指的是什么| 殊胜的意思是什么| 桑寄生是什么| 甲硝唑治什么| 满是什么结构| 澳门车牌号是什么样子| 辅警政审主要审些什么| 下午六点多是什么时辰| allan英文名什么意思| 血小板为什么会高| 慢工出细活什么意思| 月经不调吃什么药调理| 时至今日是什么意思| 上皮细胞一个加号什么意思| 乱花渐欲迷人眼是什么意思| 双肾盂分离是什么意思| 耳朵疼吃什么药| 糖尿病可以吃什么肉| 梦见很多小孩是什么意思| 为什么很困却睡不着| 闪购是什么意思| 6月30日是什么节日| 吃了发芽的土豆会有什么症状| 重听是什么意思| 棉绸是什么面料| 途径是什么意思| 五彩的什么| 今年七夕节是什么时候| 冷漠什么意思| 惊恐发作是什么病| 干什么赚钱| 打三个喷嚏代表什么| 黑加京念什么| 贝五行属什么| 不停的打嗝是什么原因| 屈原姓什么| vc什么时候吃最好| 脸红是什么原因引起的| 为什么会长小肉粒| 药流后吃什么药| 奕字属于五行属什么| 黑枸杞泡水是什么颜色| 复方是什么意思| 痛风什么症状| 缺维生素会有什么症状| 小孩子包皮挂什么科| 出生证明有什么用| 上火牙龈肿痛吃什么药| 头晕拉肚子是什么情况| 支气管炎吃什么药最好| 红烧肉用什么肉| 什么是胃炎| 手指甲没有月牙是什么原因| 鳞状上皮内低度病变是什么意思| 马齿苋长什么样| 坚字五行属什么| 肾外肾盂是什么意思| 记号笔用什么能擦掉| 蒲公英泡水喝有什么效果| 梦见自己吃肉是什么预兆| 姌是什么意思| 精索是什么| 先父遗传是什么意思| 鹅蛋有什么营养| 苹果是什么季节成熟的| 女人喝什么茶叶好| 什么补钙| 皮可以加什么偏旁| 什么地唱| 1989年属蛇是什么命| 太平公主叫什么名字| 同居是什么意思| 降血糖喝什么茶好| 滑膜增厚是什么意思| 出血热是什么病| 经期适合吃什么食物| 乙字五行属什么| 长期喝咖啡有什么危害| a21和以纯什么关系| 11月14号是什么星座| 03年属什么| 8月8号是什么星座| 蛇跟什么生肖相冲| 元五行属什么| 嗣女是什么意思| 电光性眼炎用什么眼药水| 1988年出生是什么命| 家去掉一点念什么| 拜谒是什么意思| 单元剧是什么意思| 部长是什么职位| 粽子的叶子是什么叶| 脱肛是什么| 属猴女和什么属相最配| 为什么女人阴唇会变黑| 猫的尾巴有什么用处| 清肺火吃什么药| 什么是类风湿性关节炎| 妨夫痣是什么意思| 万宝龙属于什么档次| 活死人是什么意思| 为什么要小心AB型血的人| 叛逆期是什么意思| 碱是什么意思| 正月十九是什么日子| 肋骨外翻有什么危害| 血脂高吃什么水果| 胎盘下缘覆盖宫颈内口是什么意思| 早上适合做什么运动| 2021属什么| 做梦掉牙齿是什么意思| 结婚十周年是什么婚| 苹果充电口叫什么| 金针菇不能和什么一起吃| 牙齿什么时候换完| 品是什么意思| 港澳通行证办理需要什么材料| 奔走相告的走是什么意思| 铁补多了有什么副作用| 羊肚菌有什么功效和作用| 头疼发烧是什么原因| 征字五行属什么| 谷丙转氨酶高吃什么药| aml是什么意思| 胸部ct挂什么科| 计划生育是什么意思| 芋圆是用什么做的| 百香果有什么功效与作用| 脚癣用什么药| 百度Saltar ao contido

在线就能免费获得 《主宰传奇》英雄系统解析

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa da evolución das distribucións de GNU/Linux ao longo do tempo.
百度 农业强不强、农村美不美、农民富不富,决定着广大农民兄弟的获得感和幸福感,更决定着我国全面小康社会的成色和社会主义现代化的质量。

Unha distribución de GNU/Linux, chamada tamén distribución Linux por abreviar ou distro de xeito coloquial, é un sistema operativo que pon en funcionamento GNU/Linux dun xeito concreto. As distribucións están compostas por un kernel de Linux cunha colección de múltiples utilidades, como o software do proxecto GNU, e aplicacións.[1][2]

As distribucións diferéncianse polas aplicacións que inclúen, a práctica de empaquetado e a instalación e xestión de aplicacións. Tamén polas súas ferramentas para a instalación do sistema operativo e o seu mantemento.[3] As distribucións desenvólvense ora ben para ser sistemas operativos xenéricos ora para cubrir necesidades dun grupo específico de usuarios. Son o modo habitual de instalar GNU/Linux.

Existen centos de distribucións.[4] Xa só entre as máis empregadas hai distribucións que están orientadas a seren sinxelas no seu uso acotío, como o son Linux Mint, Ubuntu e PCLinuxOS. Tamén hai outras, como Debian GNU/Linux, fedora e openSUSE, que son para usos máis avanzado de Linux. Algunhas outras, como Red Hat Enterprise Linux, SUSE ou CentOS, están orientadas ao uso en pequenas e grandes empresas.[5] Entre as demais distribucións hai outras que lle prestan atención a fins específicos, como é o caso da distribución galega Trisquel GNU/Linux que se enfoca en estar feita só con software libre.[6][7]

As primeiras distribucións

[editar | editar a fonte]

Linus Torvalds publicou a primeira versión do kernel de Linux, a 0.01, no servidor da Universidade de Helsinqui e con licenza GPL en 1991. No comezo de desenvolvemento de Linux, Linus e os primeiros compa?eiros do proxecto ían publicando só o código fonte. As instalacións nos computados facíanse compilándoo. Axi?a comezaron a distribuílo en varias imaxes de disquete que se descargaban. Unhas conti?an o kernel de Linux e outros aplicacións de GNU e outras máis para o sistema de ficheiros. Xa que este proceso de instalación inicial se ía facendo cada vez máis complexo, ao progresar e haber máis software desenvolto para Linux, comezáronse a desenvolver "distribucións" para simplificala. As distribucións consistían nun selector de paquetes de software dispo?ible na imaxe, ferramentas de configuración e a documentación.[8] A primeira distribución en se crear foi MCC Interim Linux e fíxoa Owen Le Blanc no Centro de Computación de Manchester en febreiro de 1992. Nela incluía X e TCP/IP. Outras das primeiras, tamén de 1992, foron a Boot-root de H.J. Lu, Softlanding Linux System (SLS) e a distribución comercial Yggdrasil Linux/GNU/X. Patrick Volkerding comezou a desenvolver a finais do 1992 a distribución Slackware e publicouna en xullo de 1993.[9]. Foi unha das primeiras distribucións e unha das que aínda segue en desenvolvemento.

O arranque das comunidades e a comercialización

[editar | editar a fonte]

A finais do 1992 fundouse en Alema?a a compa?ía "Software und System-Entwicklung" ou S.U.S.E Linux. SUSE Linux adicábase daquela a distribuír "Softlanding Linux System" (SLS) e "Slackware".[10] No 1994, e baseándose en Slackware, publicaron a súa primeira distribución propia "S.u.S.E. 1.0", a primeira enfocada venda a empresas. En 1993 Bob Young e Marc Ewing fundaron a compa?ía Red Hat e absorberon a distribución Bogus.[11] En 1994 Red Hat publicou o seu primeiro xestor de paquetes de sistemas e distribuíuno nun único CD, chamándolle "Red Hat Software Linux".[12]. Apoiadas nesas primeiras distribucións de Red Hat, fundáronse as compa?ías Caldera, Mandrake e TurboLinux; nacidas de par para comercializar as distribucións. Ao igual que Red Hat, Slackware e SuSE, a outra distribución que naceu nos primeiros anos e que aínda se desenvolve é Debian. Ian Murdock fora tamén outro dos desenvolvedores que non quedara satisfeito con SLS e que decidiu crear a súa propia distribución en decembro de 1993, chamándolle "Debian".[13] O desenvolvemento de Debian foi apoiado activamente polo proxecto GNU entre o 1994 e 1995.[14] En 1994 un grupo de alumnos da compa?ía Novell, apoiados polo fundador da empresa, crearon Caldera, unha distribuidora comercial. Comezou a distribuír as súas primeiras distribucións, "Caldera Network Desktop", en 1995. Fixéronas incluíndo o kernel de Linux con aplicacións compiladas de licenzas privativas, o que lle foi dando terreo no sector de empresas especialmente en 1999. SUSE liberou "SUSE Linux 4.2" en 1996, a que considera a súa primeira distribución completa, converténdose na principal distribución do mercado europeo. Entre o 1997 e 1999 comezou a entrar no mercado americano e asiático. No ano 2000 publicou "SUSE Linux Enterprise Server", a primeira edición orientada ao mercado dos servidores.[10]

A finais dos 1990 os usuarios fóronse interesado nas distribucións de Linux como alternativas aos sistemas operativos DOS e a Microsoft Windows para os computadores persoais de IBM, a Classic Mac OS de Apple Macintosh e ás versións privativas de UNIX. Os primeiros usuarios das distribucións Linux foron aqueles afeitos a usar UNIX en universidades e compa?ías. Atraíaos o seu baixo custo, se é que lles supo?ía algún, e o software que incluía. Por iso, a finais da década de 1990 e comezos do 2000 aquelas primeiras compa?ías adicadas á distribución de Linux, como SUSE, Red Hat ou Caldera, aumentaron progresivamente no mercado empresarial.[15]

Trala compra de Caldera por Canopy Group e o inicio de litixios con IBM e outras fundacións sobre da distribución de Linux, a compa?ía Caldera/SCO quebrou en 2002.[16][17] A compa?ía Red Hat fixérase pública en 1999 e acababa de comezar a distribuír a distribución "Red Hat Enterprise Linux" no mercado nese ano 2002. Entre outras cuestións, a quebra de Caldera/SCO contribuíu á expansión de Red Hat no mercado como principal distribuidora de Linux en empresas.[15] En 2003 Red Hat decidiu crear o proxecto "Fedora Linux", unha comunidade aberta para o desenvolvemento da súa distribución.[11][12] Red Hat continuou liberando "Red Hat Linux Enterprise" (RHEL), como distribución sólida para empresas, e innovando a través da súa participación aberta na comunidade Fedora.[18] Co inicio deste proxecto de desenvolvemento aberto, en maio de 2004 comezouse a publicar CentOS, unha distribución baseada en RHEL e orientada a empresas e co fin de ser estable.[14]. Pasou o mesmo coas distribucións Oracle Linux, as do CERN e Scientific Linux.[19] Un modelo similar a Red Hat foi o que aplicou SUSE Linux en 2004 trala adquisición da compa?ía por Novell, creando openSUSE como a súa comunidade aberta de desenvolvemento.[10]

Namentres a comunidade de Slackware fora marcando fitos ao incluír instaladores guiados no 1994, as primeiras versións dos ambientes de escritorio KDE no 1999 e GNOME 2000.[20]. Igualmente, a comunidade de Debian foi continuamente sumando desenvolvedores. Coa "Debian 2.0 Hamm" de 1998 chegou a contar con 400 persoas traballando na distribución e 1500 paquetes compilados.[21] A súa distribución destacaba por ser unha distribución para servidores sinxela.[19] Sendo un proxecto popular, ao comezo dos 2000 iniciáronse varios proxectos baseados en Debian co fin de crear as primeiras distribucións amigables no escritorio: Libranet, Storm, Finnix ou Corel Linux.[19] Ademais, ao igual que se argumentou que Red Hat cambiara a Linux ao expandilo no sector empresarial, algúns dos creadores de Red Hat afirmaron que o desenvolvemento de Debian lles servira de modelo para iniciar o proxecto Fedora e continuar ga?ando mercado.[15]

GNU/Linux para todos e a especialización

[editar | editar a fonte]

A expansión do número de distribucións no inicio do 2000 reflíctese na aparición de distribucións enfocadas a diferentes usuarios ou usos. Knoppix, unha distribución baseada en Debian e de fácil uso, destacou por ser a primeira que se puido iniciar desde un CD, a primeira Live CD.[19] CRUX destacou en 2002 por ir á contra das demais e ser a primeira distribución lixeira e dirixida ao uso por desenvolvedores.[19]

Coa crecente popularización de Linux e a expansión entre desenvolvedores e empresarios, xurdiu a demanda dunha distribución de "Linux para todos". Mandrake Linux (posteriormente Mandriva Linux) naceu en 1998 baseada en Red Hat Linux con esa intención. Mandrake e Mandriva chegaron a ser das distribucións máis populares entre o 2002 e 2008.[22] Destacaba por ser das primeiras en incluír KDE 1.0 ou por ter un bo soporte de hardware. Foi perdendo popularidade pero deixou tras de si distribucións agora populares: PCLinuxOS (iniciada no 2003), Mageia e OpenMandriva (iniciadas en 2010 como sucesoras de Mandriva).[23] Entre 2004 e 2005 destacaban tamén Fedora, Debian, Slackware e Gentoo.[24] O multimillonario Mark Shuttleworth, parte do proxecto Debian, creou "Canonical Ltd." e iniciou unha distribución baseada en Debian co mesmo obxecto de achegar Linux a todos. O primeiro lanzamento da nova distribución Ubuntu foi Ubuntu 4.10 en 2004. Cos seus ciclos produción curtos, dese?o e sinxeleza de administración, Ubuntu foise popularizando desde a súa saída. Entre o 2007 e o 2009 Ubuntu destacou a canda openSUSE nos escritorios.[24] Ubuntu comezou a restándolle terreo desde o 2009 a distribucións como Mandriva,[19][25][26] e competindo con CentOS, Debian, Fedora, Mint, Slackware ou openSUSE.[24]

Desde o 2010, os usuarios de Linux mostraron unha preferencia polas distribucións baseadas en Debian. Linux Mint foi ga?ando popularidade entre o público xeral, e Arch Linux entre os usuarios máis avanzados.[24]

Actualidade: múltiples dispositivos e usos

[editar | editar a fonte]

As distribucións Linux fixéronse máis rapidamente populares en servidores e supercomputadoras[27][28] ca nos computadores persoais ou dispositivos móbiles. Así, en 2012 Red Hat ti?a un valor no mercado da bolsa de 1.000 millóns de dólares.[11] e as distribucións Linux no 2017 emprágaronse en máis do 50% dos servidores web.[29]. Mentres tanto, a comezos do 2017 o uso de Linux nos escritorios situouse no 3,7%.[30] Porén, a introdución ChromeOS para portátiles lixeiros[31][32] e os dispositivos móbiles con Android fixo que Linux conseguise dominar como o sistema operativo máis usado.[33][34]

Compo?entes e desenvolvemento

[editar | editar a fonte]
As distros están construídas polo xeral con sistemas de empaquetamento, que xonguen o kernel de Linux con aplicacións de software libre, e algunhas veces con software privativo.

Case todas as distribucións fornecen un sistema de instalación e un xestor de paquetes de software. Algunhas fan o contrario e só inclúen o kernel, ferramentas para compilar e un instalador da distribución. O instalador destas distribucións encárgase de compilación para a arquitectura do sistema do usuario usando varias ferramentas e o código fonte. Un caso destes últimos é Gentoo.

Un aspecto que diferenza ás distribucións é a frecuencia coa que sacan novas versións. Hai distribucións que planifican o lanzamento de novas versións seguindo patróns de tempo regulares (coma Ubuntu ou Fedora), outras que sacan novas versións cando consideran que a versión en desenvolvemento é estable e aceptable para usar (coma Debian), e outras que non sacan versións,senón que van actualizando o software a medida que se publican novas versións de cada aplicacións (rolling release, coma Arch Linux ou a Tumbleweed de openSUSE).

Xestión de paquetes

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Xestor de paquetes.

As distribucións están polo xeral segmentadas en paquetes. Cada un destes contén un servizo ou aplicación específico. Como exemplo, un paquete pode conter a libraría para xestionar o formato de imaxe PNG, unha tipografía ou un navegador web como Firefox. Case todas as distribucións adoitan instalar por defecto unha cantidade importante de paquetes de software, cubrindo as necesidades dos usuarios finais. Contan cun kernel de Linux, librarías GNU e outras librarías, un sistema de xanelas (como X), un ambiente de escritorio como GNOME Shell, KDE Plasma 5 e outro software, como LibreOffice. Ademais inclúen paquetes específicos para a súa finalidade (como dese?o gráfico ou a bioinformática) e mesmo poden ter algún software privativo.[35] Mais, sempre se pode precisar de instalacións adicionais, que non inclúe por defecto a distribución. Un exemplo sería instalar un ambiente de escritorio alternativo: instalar Xfce no canto de GNOME.

Os paquetes adoitan constar de código compilado e sóenos xestionar os sistemas de xestión de paquetes, que se adican a instalalos ou desinstalalos. Non son só ficheiros arquivados. En cada paquete de software hai "metainformación" do seu contido: a descrición do paquete, a versión, as "dependencias" ou requisitos que precisa ese paquete. Os xestores de paquetes analizan esa metainformación e facilitan a busca de paquetes, a súa actualización a novas versións, a comprobar se os demais paquetes (ou dependencias) que precisan xan están instalados, e/ou resolvelas de xeito automático.

Nas distribucións o software pódese instalar empregando só código fonte. Mais para iso hai que facer unha compilación local. Iso implica que o sistema non co?ece o "estado" de instalación dese software adicional compilado: os sistema de xestión de paquetes "desco?ecen" a súa instalación. Por iso, as distribucións instalan paquetes, incluíndo o kernel e outros compo?entes vitais do sistema, no que o software ven nunha configuración predeterminada. Existen varios tipos paquetes compilados, ou formatos de paquetes, que inclúen toda a metainformación para a súa xestión nas distribucións (como o nome, descrición, número de versión, provedor, "checksum" ou dependencias).

Os paquetes compilados de cada edición da distribución sóeno xestionar os desenvolvedores. Ademais deses, os outros paquetes adóitanse po?er a disposición dos usuarios en li?a e accesibles para todo o mundo, no que se denominan repositorios. Os repositorios son lugares de almacenamento de paquetes de software preparados, en esencia, para instalar nunha distribución e versión concreta.

Formatos de paquetes

[editar | editar a fonte]

Os principais formatos de paquetes especializados empregados na distribucións son:[36] [37]

Ademais, Alien é unha aplicación que converte entre diferentes formatos de paquetes de Linux.[39]

Xestores de paquetes

[editar | editar a fonte]

As principais interfaces en li?a de comandos ou gráficas para a xestión de paquetes, nos seus distintos formatos, son:[37][40]

  • DPKG (Debian Package Management System), sistema base da familia de distribucións Debian.
    • APT (Advanced Packaging Tool), interface en li?a de comandos do sistema de paquetes dpkg.
    • Aptitude Package Manager, interface en li?a de comandos do sistema de paquetes dpkg.
    • Synaptic Package Manager, interface gráfica en GTK+ de paquetes dpkg.
  • Entropy, en Sabayon.
  • RPM (Red Hat Package Manager), sistema inicial desenvolto por Red Hat e usado nas distros derivadas de Fedora e openSUSE.
    • YUM (Yellowdog Updater, Modified), interface en li?a de comandos do sistema de paquetes RPM.
    • DNF (Dandified Yum), interface en li?a de comandos do sistema de paquetes introducido en Fedora 12 e que substitúe a yum.
  • Pacman Package Manager, en Arch Linux.
  • Portage Package Manager, en Gentoo e derivadas como Calculate e Sabayon.
  • urpmi, en Mageia (e antes Mandriva) e ROSA é o xestor de RPMs.
  • ZYpp Package Manager (ZYpp ou libzypp), en openSUSE é o xesto de paquetes RPM que conta coa interface en li?a de comandos Zypper Package Manager (zypper). ZYpp é base de zypper e a instalación en YaST.

Estandarización

[editar | editar a fonte]

Existen algúns proxectos para po?er en común algúns aspectos en todas as distribucións de GNU/Linux por motivos de pragmatismo.

Linux Standard Base é un proxecto da Linux Foundation coa finalidade de desenvolver unha cooperación estreita entre as diferentes distribucións de cara ás versións das aplicacións que sacan para facilitar o desenvolvemento de aplicacións para todas as distribucións.

O Filesystem Hierarchy Standard é unha importante ferramenta da organización para lograr unha certa normalización na xerarquía do sistema de ficheiros.

Alien é unha aplicación para poder converter paquetes entre múltiples formatos de distribución como deb, rpm ou tgz.

As distribucións populares e as especializadas

[editar | editar a fonte]

Principais distribucións

[editar | editar a fonte]

Segundo as estatísticas de consulta e descarga as distribucións con máis traxectoria e/ou populares son:[41]

  • Arch Linux: é unha distribución de actualizacións continuas orientada a usuarios avanzados e desenvolta pola comunidade.[42]
    • Chakra: é unha distribución que estivo inicialmente baseada en Arch e agora cun desenvolvemento independente. Céntrase en distribuír os últimos lanzamentos do proxecto KDE e Qt.[43]
    • Manjaro: esta derivada de Arch inclúe un instalador gráfico e outras ferramentas para facilitar o seu uso.[44]
  • Debian: é a distribución non comercial que está desenvolta e sostida por unha rede de desenvolvedores voluntarios cun compromiso cos principios do software libre.[45]
    • Knoppix: baseada en Debian e a primeira coa posibilidade de ser usada desde un Live CD.[46]
    • Ubuntu: baseada en Debian, con GNOME Shell e enfocada en escritorios e servidores. Mantena a compa?ía Canonical Ltd.[47]
      • elementary OS: baseada en Ubuntu, está enfocada a ter un bo dese?o gráfico e co ambiente de escritorio Pantheon.[48]
      • KDE Neon: baseada en Ubuntu, é unha versión oficial do proxecto KDE que inclúe as últimas novidades de KDE Plasma e a compilación de software de KDE sobre da última versión LTS de Ubuntu. Con versións orientadas a usuarios e desenvolvedores.[49]
      • Kubuntu: baseada en Ubuntu, é a versión de KDE de Ubuntu.[50]
      • Linux Mint: baseada en Ubuntu, inclúe múltiples ambientes de escritorio, como unha variante de GNOME Shell, Cinnamon e MATE.[51]
      • Trisquel: baseada en Ubuntu, só inclúe software libre.[52]
      • Xubuntu: a versión de Xfce de Ubuntu.[53]
      • Zorin OS: baseada en Ubuntu, está dese?ada para os novos usuarios de Linux e trae consigo un dese?o gráfico similar ao de Windows e aplicacións habituais neste SO.[54]
  • Fedora: a distribución da comunidade Fedora, e que apoia a compa?ía Red Hat. Sitúase na vangarda do novo software e serve de test deste.[55]
    • Kororaa: inicialmente baseouse en Gentoo mais agora baséanse no desenvolvemento de Fedora.[56]
    • Red Hat Enterprise Linux (RHEL): é a derivada comercial de Red Hat baseada en Fedora. Pretende ser unha distribución segura e estable para uso en servidores e equipos de empresas.[57]
      • CentOS: é unha distribución derivada das fontes que emprega Red Hat e que está xestionada por unha comunidade de voluntarios.
      • Oracle Linux: é unha distribución derivada de RHEL, que a mantén e comercializa Oracle.[58]
      • Scientific Linux: é unha distribución derivada de RHEL orientada á aplicación en ciencia e que mantén Fermilab.[59]
  • Gentoo: é unha distribución para usuarios avanzados e que destaca polas migracións de sistemas de automatización similares aos de FreeBSD para automatizar compilacións de código fonte.[60]
  • Mandriva Linux: foi unha popular versión de Red Hat da compa?ía do mesmo nome. Quebrou en 2010 e o seu desenvolvemento continuou en OpenMandriva Lx.[61][62] Mantén un bo número de distribucións populares baseadas nesta.[63]
  • openSUSE: é unha distribución creada pola comunidade openSUSE e co apoio da compa?ía SUSE.
  • Puppy Linux: é unha versión lixeira, con pouco uso da memoria, orientada a múltiples usos.[67]
  • Slackware: foi das primeiras distribucións e das que maior continuación no tempo tivo. Intenta permanecer achegada á filosofía Unix e coa facilidade de ser modificar polos usuarios finais.[68][69]
  • Solus: é unha distribución baseada no kernel de Linux só para computadoras de 64 bits. Conta cun ambiente de escritorio propio chamado Budgie, que se integra coas ferramentas de GNOME e que simula ao escritorio de GNOME 2.[70]

Distribucións especializadas

[editar | editar a fonte]

Scientific Linux é unha edición de RHEL que patrocina a compa?ía Femilab[59][71] Está orientada a unha aplicación xeral en ciencia e conta con xestores de bases de datos como PostgreSQL e MySQL, editores de texto como Emacs, a linguaxe R e gnuplots para a representación gráfica de datos.[72]

Fedora Science é unha edición de Fedora con aplicacións orientadas á análise matemática e aplicacións en física. Inclúe ferramentas de cálculo como GNU Octave, IPython, Scilab, ou SciPy e de edición como LaTeX, Emacs ou Vim.[73][74] Outras edicións de Fedora te?en tamén obxectivos específicos aplicados a ciencia, como Fedora Electronic Lab. Esa edición de Fedora está orientada ao dese?o de hardware e a ser unha plataforma de simulación.[75]

No CERN te?en desenvolto CERN CentOS e Scientific Linux CERN orientádas a empregar no ecosistema de desenvolvemento da organización. A primeira, CERN CentOS, baseouse en CentOS e a segunda, Scientific Linux CERN, en Scientific Linux.[76] O CERN informou en 2009 de que 50 mil equipos empregaban estas dúas distribucións.[77] Arestora empregan RHEL[78]

Bio-Linux é unha distribución orientada á aplicación en bioinformática e que está baseada nas versións LTS de Ubuntu. En especia, inclúe a plataforma Galaxy para a exploración, procesado e análise de datos xenómicos.[79]

Hai distribución orientadas á enxe?aría e dese?o 3D, como o é CAELinux. Esta inclúe aplicacións como Freecad e PyCam, para dese?o CAD, ou Cura, para impresión 3D.[80]

Educación

[editar | editar a fonte]

Edubuntu, creada en colaboración con Ubuntu, creouse para ofrecer sistemas adaptables a todos os ciclos educativos infantís. Uberstudent é unha distribución similar pero orientada á educación máis avanzada, en idades de 12 anos en diante. Kano OS está orientada a aprendizaxe de programación en idade infantil.[81] openSUSE Edu é unha variante de openSUSE Leap. Pretende cubrir todos os niveis da implementación e uso de software educativo nas aulas e no fogar: desde a xestión educativa, desde o alumnado, o profesorado ou os administradores dos sistemas.[82][83] é o mesmo caso de Fedora Education SIG.[84]

Outra máis é PicarOS, unha distribución orientada á educación e lecer infantil.[85][86][87][88][89][90]

Edición multimedia

[editar | editar a fonte]

Fedora Design Suite, Ubuntu Studio e ArtiX contan por defecto cunha gama de aplicacións orientadas a edición de imaxe, son e vídeo. KXStudio e unha distribución especializada na edición de son.[81] Iro é unha distribución executable desde USB e CD que está enfocada á animación, modelaxe en 3D, edición e imaxes e debuxo dixital.[81][91]

Existen múltiples distribucións orientadas a empregar en hardware antigo, hardware con pouca capacidade como Raspberry Pi, ou para mellorar o rendemento do hardware en casos nos que se precisa dunha ampla dispo?ibilidade dos recursos. Un deses últimos casos é na edición intensiva de vídeo e son ou computadores adicados á reprodución multimedia.[92] Distribucións xenéricas lixeiras, e orientadas a varios tipos de usuarios, son Arch, Manjaro, Puppy Linux e Lubuntu (con LXQt, a fusión de LXDE e RazorQt), e Xubuntu (con Xfce). Knoppix é unha distribución lixeira e ademais pensada a iniciarse desde Live CDs.

PIXEL está pensada para empregar en dispositivos con Raspberry Pi. Remix OS é outra distribución lixeira mais que está pensada para incluír o soporte a aplicacións de Android, libres e de pago ou privativos.[92][93]

GALPon MiniNo, que conta con desenvolvedores galegos, é unha distribución orientada a computadores antigos ou con poucos recursos de hardware.[85][86][94][95][96][97]

Orientadas a servizos na nube

[editar | editar a fonte]

Hai desenvoltas distribucións para fornecer servizos na nube ou xestión de aplicacións web. ChromeOS, Cub Linux e Peppermint. Así, ChromeOS é un sistema operativo accesible desde o navegador, para executar en li?a. Mais, esta distribución pódese compilar e empregar como calquera das outras distribución de Linux.[98][99]

Reparación de sistemas

[editar | editar a fonte]

Existen distribucións orientadas a reparación de sistemas por erros como o borrado de ficheiros, esquecer os contrasinais, ou fallos no arrinque ou sistema de ficheiros corrompidos.[100] Clonezilla Live permite facer copias de seguridade ou recuperar imaxes e particións de discos duros. Rescatux resolve problemas en sistemas Linux e Windows. Pode modificar a GRUB ou rexistro Windows Master Boot ou comprobar os erros no sistema de ficheiros en Linux. SystemRescueCD está unha live CD baseada en Gentoo con menús gráficos para múltiples opcións de reparación de Linux.

Servidores

[editar | editar a fonte]

Arch, CentOS, ClearOS, Debian, Oracle Linux, Mageia, Red Hat Enterprise Linux, Slackware, SUSE Linux Enterprise Server e Ubuntu son distribucións empregadas habitualmente en servidores. Debian/Ubuntu, CentOS/Red Hat Enterprise Linux e openSUSE/SUSE Linux Enterprise destacaron en uso como servidores ou foron tendencia en 2016, en especial como servidores web.[101][102][103]

Xogos e lecer

[editar | editar a fonte]

Steam OS é unha distribución baseada en Debian e creada pola compa?ía Valve Corporation que está enfocada de cheo en ser unha plataforma de videoxogos.[98] Play Linux, Game Drift Linux, Sparky Linux, a versión Fedora Games, Lakka OS e Ubuntu Game Pack son outras distribucións orientadas só ao xogo no computador.[104][105]

Hai outras distribución con nichos máis específicos, como para:

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Linux Definition. The Linux Information Project.
  2. What Is a Linux Distribution Arquivado 23 de febreiro de 2018 en Wayback Machine. por Edd Dumbill. 27 de novembro de 2006. O'Reilly Linux devcenter.
  3. "The Debian GNU/Linux FAQ. Chapter 1 - Definitions and overview". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2019. Consultado o 29 de abril de 2017. 
  4. GNU/Linux Distribution Timeline 12.10 Arquivado 02 de maio de 2017 en Wayback Machine.. GNU/Linux Distribution Timeline. 29 de novembro de 2012
  5. The Best Linux Distros for 2017 Jack Wallen. 6 de xaneiro de 2017. Linux.com
  6. Preguntas frecuentes (FAQ) de Trisquel. Trisquel GNU/Linux
  7. Free GNU/Linux distributions[Ligazón morta] en GNU Project.
  8. Berlich, Ruediger (Abril de 2001). "ALL YOU NEED TO KNOW ABOUT... The early history of Linux, Part 2, Re: distribution" (PDF). LinuxUser. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xullo de 2012. Consultado o 1 de maio de 2017. 
  9. "The Slackware Linux Project: Slackware Release Announcement". Slackware.com. 16 de xullo de 1993. Consultado o 1 de maio de 2017. 
  10. 10,0 10,1 10,2 "Company History -- SUSE". Consultado o 2025-08-14. 
  11. 11,0 11,1 11,2 "History – Red Hat Brand Standards". Consultado o 2025-08-14. 
  12. 12,0 12,1 "History of Red Hat Linux - FedoraProject". Consultado o 2025-08-14. 
  13. "A Brief History of Debian - Debian Releases". debian.org. 4 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2011. Consultado o 1 de maio de 2017. 
  14. 14,0 14,1 "A Brief History of Linux Distributions". Atlantic.Net. 16 de setembro de 2014. Consultado o 2025-08-14. 
  15. 15,0 15,1 15,2 "The Five Distros That Changed Linux". Linux Magazine. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2017. Consultado o 2025-08-14. 
  16. SCO's history with open source.The Journal AUUGN Inc. Volume 24, Número 2 páx 42-43. Xu?o de 2003.
  17. Caldera/SCO Linux: Obituary. Ris. 21 de maio de 2003. LWN.net
  18. Cutler, Michael (2025-08-14). "A brief history of Red Hat, Fedora and CentOS". Michael Cutler's personal website. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2017. Consultado o 2025-08-14. 
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 19,5 systems, David Hayward Operating. "The history of Linux: how time has shaped the penguin". TechRadar. Consultado o 2025-08-14. 
  20. "Stories of Linux: A Look at Slackware Linux". Linux.com -- The source for Linux information. 4 de maio de 2011. Consultado o 2 de maio de 2017. 
  21. "A Brief History of Debian - Debian Releases". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2011. Consultado o 2025-08-14. 
  22. "Review: Mandriva Linux PowerPack 2008.0". Consultado o 2025-08-14. 
  23. Hoffman, Chris; 4, PCWorld (6 de abril de 2015). "Mandriva Linux is dead, but these 3 forked distros carry on its legacy". PCWorld. Consultado o 1 de maio de 2017. 
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 dberkholz (2025-08-14). "Ranking Linux distributions, and the decline of the traditional distros". Donnie Berkholz's Story of Data. Consultado o 2025-08-14. 
  25. "Mandriva Faces Bankruptcy - Again". Consultado o 2025-08-14. 
  26. "Mandriva 2011 Linux Release Finally Comes". Consultado o 2025-08-14. 
  27. Vaughan-Nichols, Steven J. "Almost all the world's fastest supercomputers run Linux". ZDNet. Consultado o 3 de maio de 2017. 
  28. Vaughan-Nichols, Steven J. "Linux still rules supercomputing". ZDNet. Consultado o 2 de maio de 2017. 
  29. "Usage statistics and market share of Unix for websites". w3techs.org. 5 de novembro de 2016. Consultado o 2 de maio de 2017. 
  30. "Browser & Platform Market Share January 2017". w3counter.com. 2 de maio de 2017. Consultado o 2 de maio de 2017. 
  31. Sneddon, Joey (2025-08-14). "Chrome OS Has Double the Marketshare of Regular Linux in USA". OMG! Ubuntu!. Consultado o 2025-08-14. 
  32. "Is Chrome OS a Linux Distribution?". Starry Hope. Consultado o 2025-08-14. 
  33. Gruman, Galen (2025-08-14). "How Linux won without winning". InfoWorld. Consultado o 2025-08-14. 
  34. "Android is Linux". Consultado o 2025-08-14. 
  35. "Linux OperatingSystems: Distributions". swift.siphos.be. 27 de novembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2018. Consultado o 3 de maio de 2017. 
  36. "A Comparison of Popular Linux Package Managers". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2016. Consultado o 3 de maio de 2017. 
  37. 37,0 37,1 "DistroWatch.com: Put the fun back into computing. Use Linux, BSD.". Consultado o 3 de maio de 2017. 
  38. "Install snapd - Snaps are universal Linux packages". Consultado o 3 de maio de 2017. 
  39. Hess, Joey. "new alien maintainer". 
  40. "5 Best Linux Package Managers for Linux Newbies". Consultado o 3 de maio de 2017. 
  41. Véxanse as notas de Distrowatch sobre das táboas de posición por popularidade das distribucións e a evolución do desenvolvemento das distribucións en GNU/Linux Distribution Timeline 12.10 Arquivado 07 de setembro de 2008 en Wayback Machine. publicada en 2012.
  42. Arch Linux en Distrowatch.com
  43. Chakra en Distrowatch.com
  44. Manjaro Linux en Distrowatch.com
  45. Debian en Distrowatch.com
  46. knoppix en Distrowatch.com
  47. Ubuntu en Distrowatch.com
  48. elementary OS en Distrowatch.com
  49. KDE Neon en Distrowatch.com
  50. Kubuntu en Distrowatch.com
  51. Linux Mint en Distrowatch.com
  52. Trisquel en Distrowatch.com.
  53. Xubuntu en Distrowatch.com
  54. Zorin OS en Distrowatch.com
  55. Fedora en Distrowatch.com
  56. Kororaa en Distrowatch.com
  57. Red Hat en Distrowatch.com
  58. Oracle Linux en Distrowatch.com
  59. 59,0 59,1 Scientific Linux en Distrowatch.com
  60. Gentoo en Distrowatch.com
  61. "Mandriva Linux will return to the community". mandriva.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2015. Consultado o 30 de abril de 2017. 
  62. "The LWN.net Linux Distribution List". LWN.net. Consultado o 30 de abril de 2017. 
  63. Mandriva Linux en Distrowatch.com
  64. Mageia en Distrowatch.com
  65. PCLinuxOS en Distrowatch.com
  66. GeckoLinux en Distrowatch.com
  67. Puppy Linux en Distrowatch.com
  68. [1] en Distrowatch.com
  69. Slackware Linux Basics, Chapter 2
  70. Solus en Distrowatch.com
  71. Scientific Linux About
  72. 5 ultimate linux distributions. Ivana Isadora Devcic. 6 de maio de 2015. makeuseof.com
  73. Fedora Science spin Wiki
  74. Welcome to the Fedora Scientific 25 Guide
  75. Fedora Electronic Lab Spin
  76. "CERN Linux". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2010. Consultado o 01 de maio de 2017. 
  77. "Scientific Linux @CERN". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2019. Consultado o 01 de maio de 2017. 
  78. "Linux powers CERN -- organization deploys Red Hat technologies". BetaNews. 2025-08-14. Consultado o 1 de maio de 2017. 
  79. "Bio-Linux". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2017. Consultado o 01 de maio de 2017. 
  80. CAELinux
  81. 81,0 81,1 81,2 The Best Linux Distributions Angela Randall. 14 de outubro de 2016. Makeuseof.com
  82. openSUSE Education-Li-f-e
  83. 6 Best Linux Distributions For Educational Use.3 de setembro de 2016. Linux and Ubuntu linuxandubuntu.com
  84. Fedora Education SIG (Edu SIG) Wiki
  85. 85,0 85,1 GALPon MiniNo e PicarOS
  86. 86,0 86,1 "mancomun: Novidades en MiniNo e PicarOs". Consultado o 1 de maio de 2017. [Ligazón morta]
  87. "mancomun: Novos videotitoriais de MiniNo PicarOS". Consultado o 1 de maio de 2017. [Ligazón morta]
  88. "mancomun: Dispo?ible a nova PicarOS Diego 2015". Consultado o 1 de maio de 2017. [Ligazón morta]
  89. PícarOS: un linux educativo para ni?os. La mirade del replicante. 19 de novembro de 2015.
  90. Minino PicarOS Diego 2015: Linux para escolares
  91. "Iro OS". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2017. Consultado o 01 de maio de 2017. 
  92. 92,0 92,1 "Best Lightweight Linux Distros for 2017". Linux.com. 27 de xaneiro de 2017. Consultado o 1 de maio de 2017. .
  93. Raspberry Pi: Introducing PIXEL. Blogue de Raspberry Pi
  94. "mancomun: Publicada a versión final de MiniNo ártabros 2.1". Consultado o 1 de maio de 2017. [Ligazón morta]
  95. "mancomun: Publicada a beta1 da distribución MiniNo Queiles 3.0". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2017. Consultado o 1 de maio de 2017. 
  96. MiniNo
  97. Galpon Minino una distribución para equipos viejos made in Spain Joaquín García. 28 de maio de 2013. Ubunlog.com
  98. 98,0 98,1 "The Best Linux Distros of 2016". Linux.com - The source for Linux information. 2025-08-14. Consultado o 1 de maio de 2017. 
  99. "Cloud Focused Linux Distros For People Who Breathe Online". It's FOSS. 2025-08-14. Consultado o 2025-08-14. 
  100. 5 specialized Linux distributions for computer repair Joshua Allen Holm. 24 de febreiro de 2015. opensource.com
  101. "Top 10 Linux Server Distributions of 2017". Consultado o 1 de maio de 2017. 
  102. "Ubuntu became the most popular Linux distribution for web servers". Consultado o 1 de maio de 2017. 
  103. Vaughan-Nichols, Steven J. (2025-08-14). "What's the best Linux server for you?". ITworld. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2017. Consultado o 1 de maio de 2017. 
  104. Lynch, Jim (2025-08-14). "Linux: The best distros for gaming?". InfoWorld. Consultado o 2025-08-14. 
  105. "7 Best Linux Distro For Gaming In 2017". How To Use Linux. 2025-08-14. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2017. Consultado o 2025-08-14. 
  106. Dieguez Castro, Jose (2016). Introducing Linux Distros. Apress. pp. 49, 345. ISBN 978-1-4842-1393-3. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • DistroWatch, todo sobre as distribucións Linux, BSD e outros sistemas operativos de código aberto.(en inglés).
吃完饭就打嗝是什么原因 大脚趾头疼是什么原因 凉拌菜用什么醋好 什么是蚕豆病 忍者神龟是什么意思
猪鬃为什么是战略物资 不现实什么意思 lake是什么意思 复刻什么意思 包皮溃烂用什么药
照护保险是什么 甘油三酯高吃什么能降下来 结肠炎吃什么食物好 药物流产吃什么药 什么得什么造句
早晨六点是什么时辰 眼角长脂肪粒是什么原因 情不自禁的禁是什么意思 缓解紧张吃什么药 宫颈醋酸白色上皮是什么病变
动土是什么意思hcv8jop7ns6r.cn 脂蛋白是什么hcv8jop6ns8r.cn 50岁用什么牌子化妆品好xinjiangjialails.com 药物流产最佳时间什么时候hcv9jop1ns6r.cn 张牙舞爪是什么意思hcv9jop3ns0r.cn
吴亦凡什么学历hcv8jop9ns9r.cn 婴儿哭久了有什么危害hcv8jop0ns3r.cn 急性喉炎吃什么药hcv9jop5ns6r.cn 什么是癔症病beikeqingting.com 诗五行属性是什么hcv7jop5ns1r.cn
胃病四联疗法是什么药xianpinbao.com 米氮平是什么药hcv9jop3ns5r.cn 不care是什么意思hcv8jop4ns1r.cn 父亲节应该送什么hcv8jop7ns7r.cn 月经不调吃什么药效果好hcv9jop2ns5r.cn
陶渊明是什么朝代的hcv8jop7ns8r.cn 思维敏捷是什么意思hcv8jop1ns3r.cn 生加一笔是什么字hcv7jop5ns6r.cn 打饱嗝是什么原因造成的hcv8jop7ns5r.cn 怀才不遇是什么意思hcv8jop6ns6r.cn
百度